Pontevedra

Xornadas de encontro
comunidades dixitais
gHUB* é un programa público concibido para que as persoas que desenvolven contidos, actividades e experiencias dixitais no Concello de Pontevedra teñan un punto de encontro onde poder realizar actividades de encontro, formación, difusión e experimentación sobre a cultura dixital, e que poidan interactuar con outros axentes tanto da cultura como de outros ámbitos de xeito que se convirta nun punto de unión de Pontevedra.

28 NOV | 18:00 | Pazo da Cultura de Pontevedra
ENCONTRO DE COMUNIDADES
Arancaremos a semana cun encontro informal para que poidamos coñecer o gHUB* e sobre todo, entre nós.
Presentacións, networking e algo para tomar.
30 NOV |
12:00-13:30 (charla)
17:00 - 19:30 (sesión práctica) | PAZO DA CULTURA DE PONTEVEDRA
Creación dixital na Rede: plataformas e novos medios
Coñeceremos a experiencia de Vinte coa súa directora, María Yáñez, nunha charla en horario de maña (12:00-13:30).
Pola tarde (17:00-19:30) desenvolverá a sesión práctica "Como chegar ao público galego en Internet? Así exploramos distintos formatos en Vinte". Se tes cousas que contar, novos enfoques que compartir e buscas novas ideas para levalas a cabo, unha boa maneira de aprender a facelo pode ser esta sesión práctica. Nela repasaranse varios casos de traballo con VINTE e farase trebón de ideas colectivo para proxectar a creación de contidos dixitais neste ou en calquera outro espazo.
Ollo que as prazas son limitadas!
02 DEC | 19:00 | Pazo da Cultura de Pontevedra
Creación dixital aplicada ás artes ao vivo: código e performance
A artista dixital e programadora creativa pontevedresa Marta Verde ofrece esta charla na que presentará o seu traballo e fará unha aproximación ás diferentes posibilidades e aplicacións de ferramentas tecnolóxicas para a performance e as novas linguaxes escénicas.


3 DEC | 10:00 - 13:30 |
Pazo da Cultura de Pontevedra
Creación dixital aplicada ás artes ao vivo: Introdución a Computer Vision con Procesing
Trala conversa do venres, Marta Verde desenvolve este obradoiro (de 10:00 a 13:30), para a que hai prazas limitadas.
Processing é unha linguaxe de código aberto e IDE (entorno de desenvolvemento), iniciado no 2001 no MIT. Desenvolveuse principalmente por e para artistas e deseñadores. Trátase dun acceso amable e sinxelo á programación creativa, cunhas enormes posibilidades e aplicacións. Para participar no obradoiro non son precisos coñecementos previos, pero si dispoñer de portátil con webcam.
Non deixes a túa inscrición para o último momento!
