top of page

Queres saber como é o día a día dun medio dixital en Galicia?



VINTE leva catro anos na Rede, contando historias sobre a Galicia dos anos vinte, a través de diversos formatos dixitais. A súa directora, María Yáñez, é unha profesional de referencia no que respecta ao coñecemento de plataformas e novos medios e, en xeral, á creación de contidos en Internet.


María leva dúas décadas traballando como xornalista en medios dixitais, desenvolvendo contidos audiovisuais e deseñando estratexias de comunicación en liña para diversos proxectos culturais e empresariais.


O seu nome está vinculado a experiencias como A navalla suíza, Embed, o Laboratorio Audiovisual de Innovación e Creación (LAIC) de Coruña Dixital ou o festival de contidos dixitais Carballo Interplay. Tamén a diversos traballos audiovisuais, dende o cinema á televisión pasando pola difusión dixital.

Dende o 2018 dirixe VINTE, unha revista en liña de sociedade, cultura e tendencias vinculada ao xornal dixital Praza.gal .


Nesta xornada do gHUB*, que se celebrará o 30 de novembro, María explicaranos, por unha banda, como é a experiencia de VINTE como xerador de contidos, nunha charla que se celebrará ás 12:00 no Pazo de Cultura.


Pola tarde (17:00), desenvolverá a sesión práctica Como chegar ao público galego en internet? Así exploramos distintos formatos en VINTE.

Se tes cousas que contar, novos enfoques que compartir e buscas novas ideas para levalas a cabo, unha boa maneira de aprender a facelo pode sereste obradoiro.


Nel abordaranse varios casos de traballo con VINTE e farase trebón de ideas colectivo para proxectar a creación de contidos dixitais neste ou en calquera outro espazo. Ollo que só hai 20 prazas!




bottom of page