Alá polo mes de setembro naceu o gHUB*, lembras? Contámoscho daquela e hoxe avisámosche de algo que nos fai moita ilusión: tres xornadas relacionadas coa creación e a experimentación dixital.
Se o gHUB* quere ser unha rede de comunidades dixitais de Pontevedra, que mellor que xuntarnos e coñecernos? Pois precisamente pensando niso chega a primeira destas tres xornadas!
O luns 28 de novembro, no que vén sendo un cyber monday á pontevedresa, celebraremos un Encontro de Comunidades. Para presentarnos, facer networking e tomarlle algo, que, ao final, é a mellor maneira de coñecerse.
Será ás 18:00 na sala VIP do Pazo de Cultura. Se chegas un pouquiño tarde non pasa nada. E ata podes traer amigxs! O caso é que teña(des) vínculos coa creación e a cultura dixital made in Pontevedra.
Tanto se xa formas parte dunha comunidade (formal, como unha asociación, ou informal, como un grupo de amigxs) como se, precisamente, queres coñecer xente para tecer rede; se levas moito tempo creando contido e experimentando ou se estás recén chegadx ao eido dixital, esta xornada de encontró é para ti.
O que si é importante é inscribirse cando antes, así que xa sabes: se eres parte dunha comunidade ou vas por libre pero che apetece coñecer a máis xente relacionada coa cultura dixital pontevedresa, estarémoste agardando no Pazo! 😉