Que é o gHUB*?
Un HUB é un concepto que se refire a un nodo ou concentrador, un dispositivo para compartir múltiples datos.
gHUB* Pontevedra concíbese como un espazo (online e offline) onde se acompaña e se lle da voz ás comunidades dixitais de Pontevedra para facilitarlle a súa conexión e achegar posibilidades de participación en procesos, proxectos e accións.
O GHUB* nace para que as diferentes comunidades dixitais se poidan recoñecer e establecer diálogos. Un programa de apoio ás novas prácticas culturais e creativas xurdidas desde as redes dixitais.
gHUB* si,
con gh da gheada si,
e cun (*) que fai referencia a como as galegas facemos da dixitalización unha nova dimension da Cultura e lingua propias.
Global e local.
O humor e a retranca son parte da identidade do gHUB* e a nosa aportación á nova cultura dixital. Queremos que tamén sexan un nexo (HUB) de unión entre todas as creadoras e comunidades de Pontevedra.
Se non podo bailar, a túa revolución non me interesa. (Emma Goldman).
gHUB* é un programa público concibido para que as persoas que desenvolven contidos, actividades e experiencias dixitais no Concello de Pontevedra teñan un punto de encontro onde poder realizar actividades de encontro, formación, difusión e experimentación sobre a cultura dixital, e que poidan interactuar con outros axentes tanto da cultura como de outros ámbitos de xeito que se convirta nun punto de unión de Pontevedra.
O gHUB* quere ser o espazo de referencia entre os creadores e creadoras dixitais da cidade, e un nexo de unión entre os diferentes axentes do Concello de Pontevedra así coma un concentrador das diferentes iniciativas e actividades que se están desenvolver na capa dixital do concello.
O gHUB* é para ti se
ERES UNHA AXITADORA. Unha persoa con inquietudes dixitais. Gústache fozar, probar cacharros, novas app's, novos xogos... Non podes parar quieta.
ERES PROFESIONAL OU AMADORA DAS TICS. Adícaste de forma profesional ou amadora a traballar coas tics. Tes interese nelas e queres aprender aínda máis.
ERES UNHA CREATIVA CULTURAL OU SOCIAL. Creas contidos culturais ou sociais dixitais. Non importa a canle ou ferramenta que uses. O gHUB* é o teu sitio.
OU SE CHE INTERESAN as novas prácticas, valores e ferramentas que nacen da cultura dixital. Queres participar e potenciar unha comunidade dixital pontevedresa.