top of page

No gHUB* achegámonos ás artes ao vivo dende a creación dixital



Como vincular creación dixital e experiencias presenciais? A resposta a esta pregunta témola, coma quen di, na casa, porque chega da man de Marta Verde, artista visual, creadora dixital e pontevedresa.


Cunha ampla experiencia que actualmente comparte como docente no Berklee Colege of Music (Valencia Campus), a práctica artística de Marta explora a natureza indeterminista na relación do orgánico e o electrónico no campo visible mediante o uso do ruído, a repetición e o procesamiento dixital de sinais analóxicas en tempo real. O seu traballo materialízase en instalacións multimedia, lumínicas e en forma de colaboracións con músicos ou danza; aplicando diferentes técnicas coma poden ser o desenvolvemento de software propio e a construción de novos dispositivos a través da fabricación dixital e/ou electrónica, como parte da cultura maker e DIY. Pero mellor que lelo é velo: dende aquí podes acceder á súa web. Marta presentou pezas/performances en festivais coma MIRA, WOS, Curtocircuito, LEV Gijón/Matadero, Eufònic, Primavera Sound, Nos Em D'Bandada Porto, Ull Nu Andorra, EnsoLab, Transdisciplina, Benidorm Fest.... entre moitos outros.

E temos o enorme pracer de tela connosco no gHUB*! 😊


Marta impartirá unha dobre sesión no Pazo da Cultura de Pontevedra.


  • Venres 2 de decembro (19:00-20:30): Código e Performance.

Unha charla na que presentará o seu traballo e fará unha aproximación ás diferentes posibilidades e aplicacións de ferramentas tecnolóxicas para a performance e as novas linguaxes escénicas.


  • Sábado 3 de decembro (10:00-13:30): Introdución a Computer Vision con Procesing.

Un obradoiro cun máximo de 20 prazas habilitadas para o que non é preciso coñecementos previos, pero si dispoñer dun portátil con webcam.


Processing é unha linguaxe de código aberto e IDE (entorno de desenvolvemento), iniciado no 2001 no MIT. Desenvolveuse principalmente por e para artistas e deseñadores. Trátase dun acceso amable e sinxelo á programación creativa, cunhas enormes posibilidades e aplicacións.


Anímaste a probar? ;)




bottom of page