top of page

Aparecer na web

Imos facer un catálogo de iniciativas para que se poidan ver nun mesmo lugar. Queres aparecer?

INICIATIVAS DIXITAIS

Unha comunidade é un grupo de persoas cun interese común.

 

No gHUB* ese algo son as iniciativas dixitais que se desenvolven en Pontevedra: esas que poñedes en marcha as asociacións,  os colectivos  informais, como un grupo de amigxs que cacharrean xuntxs, ou persoas máis de currar en solitario.

Tanto se o que facedes é ensinar a outra xente a crear como se compartides contidos feitos por vós na Rede; como se sodes máis de arriscarvos no directo ou de producir e publicar ou se as vosas propostas técnicas teñen nomes raros ou calquera pode comprendelas: todas formades parte da capa dixital da cidade.

Queremos visibilizar esta rede dixital e xerar un punto de encontro e coñecemento colectivo. Vamos, o que vén sendo unha comunidade.

bottom of page